Novidades da campaña por modelo
Detallámosche os modelos que sufriron modificacións para esta campaña.
Modelo 283. Declaración informativa anual de axudas recibidas no marco do Réxime Fiscal Especial das Illes Balears.
A Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023, mediante a súa disposición adicional septuaxésima aproba o Réxime Especial das Illes Balears, que contén para os períodos impositivos que se inicien entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2028 dous instrumentos principais:
-
Reserva para investimentos nas Illes Balears , que consiste nunha redución na base impoñible do Imposto sobre Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de non Residentes, ou nunha dedución para o suposto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas; e,
-
Réxime especial para empresas industriais, agrícolas, gandeiras e pesqueiras que consiste nunha bonificación da cota íntegra para os contribuíntes dos precitados impostos.
O desenvolvemento regulamentario localízase no Real decreto 710/2024, do 23 de xullo e a correspondente Declaración informativa anual de axudas recibidas no marco do Réxime Fiscal Especial das Illes Balears (modelo 283) foi aprobada por Orde HAC/1031/2024, do 25 de setembro.
Ten un prazo de presentación ANUAL :
-
Contribuíntes do IRPF e do IRNR sen establecemento permanente: prazo de presentación da declaración do IRPF.
-
Contribuíntes do Imposto sobre Sociedades e do IRNR con establecemento permanente: prazo de presentación da declaración do Imposto sobre Sociedades.
Orde HAC/1031/2024, do 25 de setembro
Nota: O prazo de presentación da primeira declaración informativa para contribuíntes cuxo prazo de presentación do modelo 283 finalizase antes do 1 de novembro de 2024 será do 2 ao 26 de novembro de 2024..