Novidades da campaña por modelo
Detallámosche os modelos que sufriron modificacións para esta campaña.
Modelo 296. Declaración Informativa. Retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda de non Residentes (sen establecemento permanente). Resumo anual.
Coa finalidade de conseguir maior eficiencia na xestión das solicitudes de devolución de retencións sobre dividendos a conta do Imposto sobre a Renda de non Residentes, a Orde HAC/56/2024, do 25 de xaneiro, inclúe as seguintes modificacións que afectan o modelo 296:
-
Modifícase o contido do modelo para especificar que tratandose de declarantes que sexan entidades domiciliadas, residentes ou representadas en España que paguen por conta allea rendas suxeitas a retención ou ingreso a conta ou que sexan depositarias ou xestionen o cobramento das rendas de valores, que formen parte da cadea de pagamento das devanditas rendas, deben facer constar os datos do ANTERIOR PAGADOR, e como perceptor, ao SEGUINTE MEDIADOR na cadea.
-
Inclúense dous anexos correspondentes ao rexistro tipo 2, denominados “Valores negociables. Relación de pagamento a contribuíntes” e “Valores negociables. Relación de certificados de pagamento”, que se presentarán durante o mes natural seguinte á data de presentación do modelo 210
Pola súa banda, a Orde HAC/646/2024 do 25 de xuño, encárgase de introducira melloras técnicas na estrutura e definición de determinados campos contidos no modelo.
Orde HAC/56/2024, do 25 de xaneiro
Orde HAC/646/2024, do 25 de xuño