Centro de Atención Telefónica de Recadación (REC@T)
Poderás obter Asistencia e Información sobre débedas e Recadación a través do Centro de Atención Telefónica de Recadación (REC@T) no teléfono 91 553 68 01 ou 901 200 350 de luns a venres laborables de 09:00 a 14:00 horas. Serás atendido por un operador especializado na materia, e poderás realizar trámites e actuacións sobre débedas, aprazamentos, embargos, pagamentos, así como consultar acerca de calquera documento que remitísemos dende os órganos de Recadación da AEAT.
Neste servizo de atención telefónica de Recadación, REC@T, préstanse os seguintes trámites e actuacións de asistencia e información.
- Pagamento telefónico de débedas / Xeración de documentos de ingreso.
- Solicitude de aprazamento/fraccionamento de pagamento de débedas en vía executiva.
- Cumprimentación do requirimento de datos sobre a conta bancaria de domiciliación de aprazamento ou fraccionamento de pagamento de débedas.
- Modificación da conta de domiciliación bancaria de solicitudes e acordos de aprazamento ou fraccionamento de pagamento.
- Solicitude de compensación de débedas en vía executiva con créditos tributarios.
- Información e consulta sobre as débedas apremadas.
- Información e consulta sobre actuacións e dilixencias de embargo de contas correntes, soldos, salarios e pensións, créditos, vehículos e devolucións tributarias, e xeración de documentos de ingreso.