APP da Axencia Tributaria
Instala no teu móbil a APP da Axencia Tributaria e realizarás as túas xestións comodamente desde a mesma.
A Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns unha aplicación para dispositivos móbiles intelixentes (smartphones e tablets PC) que ofrece a posibilidade de efectuar trámites ante a Axencia con ou sen identificación de usuario dunha forma sinxela e áxil.
Podes instalar ou acceder á APP “Axencia Tributaria ”simplemente escaneando o seguinte código QR, desde dispositivos con sistema operativo Android (versión 8 ou superior) ou iOS (versión 14 ou superior).
Ou ben descargando a APP "Axencia Tributaria "no teu dispositivo móbil desde o Market correspondente ao teu dispositivo.