Preguntas frecuentes
Coñece a información máis relevante do portal de poxas do BOE
Xeneral
Coñece o procedemento de poxas da Axencia Tributaria
O Portal de Poxas da Axencia Estatal BOE está dispoñible na sede electrónica da Axencia Estatal BOE, no enlace https://subastas.boe.es
No Portal de poxas do BOE realízanse as poxas xudiciais e notariais, e dende o 1 de setembro de 2018, as poxas tributarias.
A Autoridade Xestora dunha poxa é a figura responsable do proceso de execución da poxa.Os datos identificativos da devandita Autoridade poden ser localizados no Portal de poxas, na segunda solapa da páxina de detalle de cada poxa.
Calquera cidadán que o desexe pode acceder ao Portal de Poxas da Axencia Estatal BOE.As opcións que terá dispoñibles no Portal dependerán de se iniciou sesión como usuario rexistrado ou non.