Problemas de porcentaxes. Magnitudes directamente e inversamente proporcionais
Área : Matemáticas. Tipo : Individual. Nivel : Primeiro Ciclo de ESO
-
A un cidadán descóntanlle polo IRPF mensualmente un 19%. Se gana 24.000 € ao ano, Canto retivéronlle para pagar o Imposto? Se resulta, que lle devolveron 1.200 € ao liquidar o imposto, cal foi a porcentaxe media que pagou polo imposto?
-
Un cidadán paga polo IVE de tres produtos un total de 427 €. O primeiro, un ordenador portátil, custoulle 1.200 € e pagou por el un IVE do 21 %. Polo segundo, un medicamento para o seu gato, pagou un IVE do 10 %e o seu prezo é de 700 €. Canto custaba o terceiro, unha vitrina, se o tipo de último produto é do 21 %?
-
Apliquemos unha suposta proporcionalidade directa no IRPF: Se un contribuínte cunha base impoñible de 16.000 € paga 2.288 € de IRPF, canto pagaría a persoa cuxa base impoñible fóra exactamente o dobre? E o que ten unha base tres veces superiores? Paréceche xusto? Que significa que o IRPF é progresivo?
-
Localiza os tramos do tipo que se usan no IRPF (podes consultar p.e. o Manual práctico de IRPF 2023