Os módulos no IRPF
Informámosche sobre as características desta modalidade de determinación do rendemento
Cálculo do rendemento neto
Para a determinación do rendemento non se ten en conta o fluxo real de ingresos e gastos senón que se calcula en función duns datos obxectivos (módulo persoal, superficie do local, mesas, lonxitude de barra, carga do vehículo, quilómetros percorridos...) que varían segundo a actividade que desenvolvas.
Aínda que realices varias actividades ás que resulte de aplicación este método, o cálculo realízase de forma illada e separada para cada actividade que teña a consideración de independente.
O esquema que hai que seguir para obter o rendemento sería:
Fase1ª
Unidades de módulos empregadas, utilizadas ou instaladas
(x) Rendemento anual por unidade de módulo (antes de amortización)
= Rendemento neto previo
Fase 2ª
(-) Minoración por incentivos ao emprego
(-) Minoración por incentivos ao investimento
= Rendemento neto minorado
Fase 3ª
(x) Índices correctores (segundo a actividade e determinadas circunstancias)
= Rendemento neto de módulos
Fase 4ª
(-) Redución de carácter xeral: (para o 2022: 15%, para o 2023: 10% e para o 2024: 5 %)
(-) Redución especial para actividades económicas en Lorca: 20%
(-) Redución especial para actividades económicas na illa da Palma: (2022, 2023 e 2024: 20 %)
(-) Gastos extraordinarios por circunstancias excepcionais (Incendios, inundacións, afundimentos, etc., comunicadas á AEAT en tempo e forma)
(+) Outras percepcións empresariais
= Rendemento neto da actividade
Fase 5ª
(-) Redución por irregularidade: 30%
= Rendemento neto reducido da actividade
(*) Aplicable unicamente respecto do compoñente "Outra percepcións empresariais" con período de xeración superior a dous anos ou que se cualifiquen regulamentariamente como obtidas de forma notoriamente irregular no tempo.
O cálculo do rendemento de cada actividade será o que resulte de realizar sobre o volume de ingresos as seguintes operacións:
Fase 1ª
Ingresos íntegros (incluídas subvencións, indemnizacións e axuda PAC pagamento único)
(×) Índice de rendemento neto
(*) Cando o perceptor da axuda directa de pagamento único da PAC non obtivese ingresos por actividades agrícolas ou gandeiras o índice de rendemento neto a aplicar é o 0,56.
Desde 2023 o índice que hai que aplicar sobre as axudas será o 0,56 cando os ingresos das actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda, sexan inferiores ao 25 %do total de ingresos. En caso contrario, as axudas acumularanse aos ingresos dos cultivos ou explotacións.
= Rendemento neto previo
Fase 2ª
En 2022, 2023 e 2024 (para actividades agrícolas e gandeiras): Redución por adquisición de gasóleo agrícola (35% do prezo de adquisición)
En 2022, 2023 e 2024 (para actividades agrícolas e gandeiras): Redución por adquisición de fertilizantes (15% do prezo de adquisición)
(−) Amortización do inmobilizado material e intanxible (excluídas actividades forestais)
= Rendemento neto minorado
Fase 3ª
(×) Índices correctores (en función do tipo de actividade e determinadas circunstancias)
= Rendemento neto de módulos
Fase 4ª
(−) Redución de carácter xeral: (para o 2022: 25%, para o 2023: 15% e para 2024: 5 %)
(−) Redución especial para actividades económicas na illa da Palma: (2022, 2023 e 2024: 20 %)
(−) Redución agricultores mozos: 25%
(−) Gastos extraordinarios por circunstancias excepcionais (incendios, inundacións, afundimentos, etc., comunicadas á AEAT en tempo e forma)
= Rendemento neto da actividade
Fase 5ª
(−) Redución por irregularidade: 30% (Reducións de rendementos xerados en máis de 2 anos ou obtidos de forma notoriamente irregular)
= Rendemento neto reducido da actividade