Os módulos no IRPF
Informámosche sobre as características desta modalidade de determinación do rendemento
Renuncia
Ao ser un método voluntario podes renunciar á súa aplicación:
-
Presentando unha declaración censual co Modelo 036 ou 037 (renuncia expresa).
-
Con carácter xeral, durante o mes de decembro anterior ao inicio do ano natural en que deba producir efecto.
Para o ano 2024 o prazo xeral amplíase ata o 31 de xaneiro de 2024.
-
Se inicias unha nova actividade, no momento de presentar a declaración censual correspondente; é dicir, antes do inicio efectivo da actividade.
-
-
Ou ben presentando o pagamento fraccionado do primeiro trimestre do exercicio ou, se é o caso, do primeiro trimestre que corresponda ao inicio da actividade co Modelo 130 (renuncia tácita).
Consecuencia da renuncia nunha actividade
-
Todas as actividades que realizas pasan a estimación directa simplificada sempre que cumpras os requisitos desta modalidade.
-
Ten efectos por un período mínimo de 3 anos. Finalizado ese prazo enténdese prorrogada tacitamente para cada un dos anos seguintes en que resulte aplicable.
Se queres volver a estimación obxectiva, pasados eses anos, deberás revogar a renuncia. A revogación será efectiva se cumpres os requisitos para estar en estimación obxectiva.
Excepcionalmente, o período mínimo de 3 anos que debes permanecer en estimación directa tras a renuncia á obxectiva non se aplica ao exercicio 2020 nin ao 2021. De maneira que:
-
Se renunciaches á estimación obxectiva para o 2020, por presentar o pagamento fraccionado do primeiro trimestre de 2020 polo método de estimación directa (modelo 130) ou, por optar pola estimación directa na declaración censual de inicio de actividade a partir do 1 de abril de 2020, podes volver a estimación obxectiva para o exercicio 2021 ou 2022.
Para volver a estimación obxectiva terás que revogar a renuncia de forma expresa (o prazo establecido con carácter xeral ampliouse ata o 31 de xaneiro do 2021) ou, de forma tácita, presentando o pagamento fraccionado do primeiro trimestre do 2021 na forma establecida para o método de estimación obxectiva (modelo 131).
-
Se renunciaches á estimación obxectiva para o 2021, de forma expresa ou, por presentar o pagamento fraccionado do primeiro trimestre do exercicio 2021 polo método de estimación directa (modelo 130) podes volver determinar o rendemento en estimación obxectiva, para o exercicio 2022.
Para volver a estimación obxectiva, deberás revogar a renuncia de forma expresa ou, de forma tácita, presentando o pagamento fraccionado do primeiro trimestre do exercicio 2022 na forma establecida para a estimación obxectiva (modelo 131).
Revogación da renuncia
A revogación dunha renuncia anterior supón volver aplicar a estimación obxectiva cando sexa posible.
Revoga a renuncia cunha declaración censual. Presentaa nos mesmos prazos que a renuncia