Introdución
A "Estatística dos declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas por municipios" óbténse da explotación estatística de rexistros administrativos, neste caso, do modelo 100 da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, complementado con información procedente do modelo 190 para a obtención das rendas exentas dos declarantes do imposto.
A Lei de transparencia establece a publicidade activa como o marco de actuación das Administracións Públicas. Unha das funcións que dan cumprimento a esta esixencia é a elaboración e posta a disposición dos cidadáns da información máis frecuentemente demandada por eles ou por outras administracións públicas. Un dos aspectos que suscita máis interese e que propón maior número de peticións é, precisamente, o coñecemento da renda a nivel municipal. Por esta razón, tomouse a iniciativa de xerar un produto que satisfaga a maioría desas peticións e permita ampliar o coñecemento da información tributaria relativa ao imposto con maior capacidade recadadora: o IRPF. En consecuencia, esta publicación presenta os resultados das partidas máis relevantes do imposto a un nivel territorial de maior proximidade ao cidadán, o cal é o ámbito municipal. Mediante a clasificación por tamaño dos municipios a partir dos datos oficiais de poboación, proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística, referidos ao Territorio de Réxime Fiscal Común, (TRFC), poderanse inferir as características máis importantes nos perfís de declarantes do imposto segundo a dimensión do municipio de residencia e localización xeográfica dos mesmos. Cada municipio constrúese coa poboación cuxo domicilio fiscal se encontre situado no seu ámbito territorial no ano de devindicación do imposto sobre a renda das persoas físicas ao que se refiren os datos.