Variables de clasificación
A característica diferencial dos dous bloques de táboas que se presentan, son os distintos criterios de clasificación utilizada.
No bloque I toda a información preséntase clasificada por tres criterios territoriais que se conxugan de forma separada ou simultanea: A asignación da Comunidade Autónoma, provincia e municipio efectuouse atendendo á clave da Comunidade Autónoma, ou das cidades autónomas, en que o contribuínte tivo a súa residencia habitual no exercicio fiscal de devindicación do imposto. A devandita clave é cumprimentada polo contribuínte no correspondente recadro da súa declaración.
Polo tanto, os tres criterios territoriais son:
- Comunidade Autónoma dos territorios de Réxime Fiscal Común
- Provincia
- Tamaño de poboación: Utilízase a seguinte clasificación dos municipios en función do número de habitantes censados segundo o padrón revisado o 1 de xaneiro do exercicio seguinte ao exercicio de referencia da estatística (Fonte: INE):
- Ata 1.000 habitantes
- Total maiores de 1.000 habitantes
- De 1.001 habitantes a 5.000 habitantes
- De 5.001 habitantes a 10.000 habitantes
- De 10.001 habitantes a 20.000 habitantes
- De 20.001 habitantes a 50.000 habitantes
- De 50.001 habitantes a 100.000 habitantes
- De 100.001 habitantes a 500.000 habitantes
- Máis de 500.000 habitantes
O criterio de clasificación utilizado no bloque II é o municipio de máis de 1.000 habitantes. Na segunda táboa do bloque II, desdobrable en tres apartados, incorpórase toda a información do bloque I relativa a cada un dos municipios pero con dúas posibilidades de selección diferente: Unha opción permite elixir directamente o municipio, cuxa lista se presenta por orde alfabética; e unha segunda utilidade que relaciona todos os municipios consultables por CCAA, provincia e tamaño de poboación, facendo máis fácil a navegación.