TÁBOA 2. Datos económicos e tributarios do imposto por CCAA, provincia e tamaño de poboación
Esta táboa presenta os compoñentes que resultan gravados no imposto, razón pola que se presentan os rendementos netos reducidos e as partidas que constitúen as principais magnitudes do imposto. A definición de cada elemento desta táboa correspóndese cos establecidos na Estatística de IRPF, tal e como se definen na Lei e recóllense nas partidas da declaración, modelo 100, como: rendas a integrar na Base Impoñible, reducións para computar a Base Liquidable, cuantificación de cotas, deducións, retencións e importe final do imposto. Polo tanto, neste bloque, abandónase o obxectivo de cuantificación da renda persoal definidos na tabla1 , e recóllese de forma detallada todos os elementos necesarios para a liquidación do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Esta Táboa 2 recolle o número, importe agregado e valor medio por concepto das seguintes partidas:
RENDEMENTOS DO TRABALLO (neto reducido)
- Ingresos íntegros do traballo
- Contribucións empresariais a plans de pensións e a mutualidades de previsión social e seguros colectivos
- Gastos deducibles
- Cotizacións á Seguridade Social
- Cotas satisfeitas a sindicatos e colexios profesionais
- Rendemento neto previo
- Rendemento neto
- Reducións do traballo
- Reducións do traballo: xeral
- Redución adicional para traballadores activos con discapacidade
- Resto de reducións do traballo
RENDEMENTOS DO CAPITAL MOBILIARIO
- Ingresos íntegros
- Gastos fiscalmente deducibles
RENDEMENTOS DERIVADOS DE BENS INMOBLES NON AFECTOS A ACTIVIDADES ECONÓMICAS
- Suma de rendas imputadas
- Suma de rendementos do capital inmobiliario
RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
- Rendementos estimación directa
- Rendemento estimación obxectiva
- Rendemento neto total AAEE Agrícolas
OUTRAS RENDAS EN RÉXIMES ESPECIAIS
- Rendemento neto imputado de capital mobiliaria
- Rendemento neto imputado de capital inmobiliaria
- Rendemento neto reducido de actividades económicas (atribución de rendas)
- Imputación de agrupacións de interese económico e UTE's
- Imputacións de rendas positivas no réxime de transparencia fiscal internacional
- Imputacións de rendas positivas pola cesión de dereitos de imaxe
- Imputación de rendas en Institucións de Investimento Colectivo en paraísos fiscais
GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS
- A integrar na base impoñible xeral
- A integrar na base impoñible do aforro
BASE IMPOÑIBLE XERAL E DO AFORRO
- BASE IMPOÑIBLE XERAL
- BASE IMPOÑIBLE DO AFORRO
REDUCIÓNS DA BASE IMPOÑIBLE
- Por tributación conxunta
- Achegas a plans de pensións
- Redución por pensións compensatorias ao cónxuxe e anualidades por alimentos
BASE LIQUIDABLE XERAL E DO AFORRO SOMETIDO A GRAVAME
- Base liquidable xeral sometida a gravame
- Base liquidable do aforro
- Mínimo persoal e familiar
- Importe total incrementado ou diminuído do mínimo persoal e familiar cálculo gravame autonómico
COTAS ÍNTEGRAS
DEDUCIÓNS XERAIS
- Por vivenda
DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS
COTA RESULTANTE DA AUTOLIQUIDACIÓN
RETENCIÓNS E DEMAIS PAGAMENTOS A CONTA
- Retencións e ingresos a conta por rendementos do traballo
- Retencións por rendementos de capital mobiliaria
- Retencións por arrendamento de inmobles urbanos
- Retencións por actividades económicas e outras pagamentos fraccionados
- Outras retencións e pagamentos a conta
RESULTADO DA DECLARACIÓN A INGRESAR
RESULTADO DA DECLARACIÓN A DEVOLVER