Saltar ao contido principal
Metodoloxía

BLOQUE II: ESTATÍSTICA DE DETALLE MUNICIPAL

Na táboa Posicionamento dos municipios maiores de 1.000 habitantes por Renda bruta media defínense as seguintes variables:

  • Posicionamento renda bruta media a nivel nacional: Defínese como a posición que ocupa a renda bruta media do municipio consultado dentro dunha ordenación descendente das rendas brutas medias dos municipios maiores de mil habitantes do TRFC .
  • Posicionamento renda bruta media a nivel autonómico: Defínese como a posición que ocupa a renda bruta media do municipio dentro dunha ordenación descendente das rendas brutas medias dos municipios maiores de mil habitantes da Comunidade Autónoma á que pertence o municipio consultado.

A partir do exercicio 2021, se completa a información sobre a renda bruta media e a renda dispoñible media de cada municipio incorporando, a cada un deles , a renda bruta mediana e a renda dispoñible mediana.

Ademais, no resto de táboas do bloque II preséntase información detallada da renda bruta e renda dispoñible, do resumo do imposto, os datos económicos e tributarios, así como a situación familiar dos declarantes para todos os municipios de máis de 1.000 habitantes incluídos en territorio de TRFC, similar aos datos presentados no bloque I.