Perspectiva da declaración
A efectos fiscais cada declaración contén as rendas dun ou máis individuos. No concernente á actividade económica, as rendas poden derivar dunha ou varias actividades realizadas por unha ou varias persoas. A mecánica do imposto esixe declarar de forma diferenciada as actividades segundo o método de determinación do rendemento, existindo tres métodos de determinación do rendemento neto ou beneficio da actividade: directa normal, directa simplificada e estimación obxectiva. En estimación obxectiva existen dous procedementos distintos, un para as actividades empresariais non agrarias e outro para as agrarias. Dentro de cada unha das modalidades pódense incluír ata seis actividades distintas.
Desde a perspectiva de declaración analízase a información considerando cada declaración como unha unidade de análise e incorpóranse os criterios de clasificación procedentes dos atributos ou características da declaración, conxugados con outros procedentes do censo de declarantes ou outra información de fonte fiscal (número de asalariados). Neste punto hai que resaltar que algunhas cualificacións e variables de explotación mostrada nas táboas obtivéronse a partir de procesos informáticos ou algoritmos máis ou menos complexos. Exemplos deles son a fonte principal de renda, a cota e tipo efectivo atribuído á actividade económica, a clasificación da declaración nunha modalidade de determinación do rendemento, o cálculo do rendemento de todas as actividades económicas e a inclusión neses cálculos dos rendementos imputados por atribución de rendas correspondentes a actividades económicas. Todas estas cuestións detállanse na descrición das correspondentes variables.
Este enfoque, que permite destacar os datos do colectivo analizado no marco xeral do IRPF, presenta distintos resumos das variables principais do IRPF desde distintas ópticas, destacando, de forma específica, as rendas e as deducións e pagamentos a conta relativas ás actividades económicas.