Contido da publicación
O contido da publicación está constituído pola presente Metodoloxía e as Táboas Estatísticas.
A Metodoloxía delimita a información recollida, é dicir, ao ámbito xeográfico, temporal e poboacional, e define as variables utilizadas e as súas clasificacións para un maior aproveitamento da información contida na publicación.
As táboas estatísticas preséntanse en tres bloques:
- Módulo de integración IRPF _RAE: relaciona o colectivo de estudo co total de declarantes de IRPF
- Empresarios con actividades económicas: estuda o universo de declarantes que son o colectivo obxecto de estudo desta estatística
- Empresarios con actividade económica única: analízase en profundidade o conxunto de empresarios e profesionais cunha soa actividade declarada
O primeiro bloque inclúe unha presentación dos colectivos declarantes de IRPF e un resumo da declaración de IRPF para estes mesmos colectivos. Os colectivos de análise son:
- Marco empresarial: empresarios individuais
- Marco empresarial: empresarios por rendas imputadas
- Marco non empresarial
Os dous últimos bloques presentan inicialmente unhas táboas descritivas da demografía empresarial clasificados por comunidade autónoma e por actividade económica a través das características principais dos empresarios: xénero, nacionalidade e idade.