BLOQUE I - Módulo de integración co Irpf
Por un lado, no apartado "Colectivos IRPF" preséntanse o colectivo obxecto da presente estatística, en relación co colectivo global da estatística de IRPF. móstrase o número total de declaracións e a súa desagregación en número e porcentaxe clasificada segundo teñan algún membro con discapacidade ou non.
- Número de declaracións : É o número de declaracións que constitúe a poboación obxectiva. Seleccionáronse porque algunha das persoas que fiscalmente dependen das rendas contidas nesa declaración ten discapacidade.
- Número de titulares da declaracion : É o número de contribuíntes que figuran como titulares, sabendo que nas declaracións individuais hai un único titular mentres que nos conxuntos casados hai dous.
- Número de persoas con discapacidade : Esta variable foi xerado ex profeso para esta publicación e a complexidade da súa xeración obedece as distintas situacións e modalidades de declaración existente. Concretamente para contar os descendentes, se se dispón da declaración do pai e da nai de forma individual, cada descendente impútase por metade de fillo a cada unha delas . No caso de que haxa declaracións en modalidade individual do pai ou da nai, pero o outro non sexa declarante, os descendentes cóntanse por enteiro. Non se contan no número de persoas con discapacidade o cónxuxes das declaracións individuais que teñen unha dedución (DAFA) por cónxuxe a cargo, porque nese caso non se coñecen as características da persoa (idade, xénero e grao de discapacidade), e ademais non son cotitulares na declaración.
- Número de titulares con discapacidade : Aquí móstrase o número de titulares das declaracións que teñen discapacidade.
- Resto de persoas con discapacidade : Ascendentes ou descendentes que figuran como tales na declaración e que ademais presentan algún tipo de discapacidade.
No segundo apartado deste bloque, "Datos xerais do imposto "móstranse o número de declaracións, importe e media analizada segundo teñan algún membro con discapacidade ou non, para unha serie de conceptos definidos na estatística de IRPF (véxase a metodoloxía da estatística de IRPF para maior información).