Saltar ao contido principal
Metodoloxía

BLOQUE III - Resumo do imposto sobre a renda das persoas físicas

Está formado polos apartados

  • Datos específicos en materia de protección á discapacidade
  • Categoría da declaración e CCAA
  • Resumo por CCAA e xénero
  • Datos xerais
  • Datos económicos
  • Liquidación do imposto
  • Situación familiar
  • Importe de IRPF correspondente ás CCAA de residencia
  • Categoría da declaración e xénero
  • Resumo por Categoría da declaración e xénero
  • Datos xerais
  • Datos económicos
  • Liquidación do imposto
  • Situación familiar
  • Importe de IRPF correspondente ás CCAA de residencia

Neste bloque, o primeiro apartado é unha táboa específica que non encontra o seu equivalente na estatística de IRPF, en cambio o resto responde ás variables de explotación alí presentadas con algunha excepción na folla de liquidación.

En todos os apartados a información referida ás partidas son: Número, Importe e Media. No apartado de Liquidación, o variable importe é un agregamento da parte autonómica e a parte estatal.

O primeiro grupo de táboas do bloque III refírese aos datos específicos en materia de protección á discapacidade en IRPF e preséntanse clasificadas polas Categorías da declaración e xénero, e consta de 6 bloques de información referida ás seguintes materias: Rendementos do traballo e de Actividades Económicas, Previsión Social, Circunstancias persoais e familiares, Incentivos en materia de vivenda, Deducións autonómicas de protección ou axuda persoas con discapacidade e as novas Deducións por persoas con discapacidade a cargo.

No bloque III, o segundo e terceiro grupo de táboas atenden os seguintes criterios de clasificación: Categorías de declaración por discapacidade con CCAA ou con Xénero do titular da declaración.

Baixo a rúbrica de Situación familiar, as variables de explotación son as mesmas que as presentadas na estatística xeral de IRPF (para máis información consultar aquela metodoloxía).