Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Bloque I: Vivendas por situación do inmoble

Neste bloque a unidade estatística é a Vivenda con referencia catastral, presentando a información por situación do inmoble como unha foto do parque total de vivendas de uso residencial declaradas no modelo 100. Un primeiro grupo de táboas presenta a distribución territorial segundo uso principal por Comunidades Autónomas e provincias e outro grupo de táboas, presenta o prezo medio mensual das vivendas arrendadas tanto das arrendadas como vivenda habitual como as de con outra finalidade (turísticas, de tempada e outras); ademais facilítase a rendibilidade e o valor de referencia medio, e conta cunha desagregación por municipios de máis de 20.000 habitantes e unha desagregación aínda maior por código postal  para municipios con máis de 20.000 vivendas arrendadas e 200 ou máis en cada código postal. Como novidade inclúese unha táboa que compara as características do arrendamento de vivenda habitual, prezo mensual e rendibilidade mensual do alugamento coa con información dos novos contratos formalizados no último ano.

Todas as táboas veñen apoiadas por unha potente ferramenta de visualización gráfica.

Preséntanse dous grupos de táboas:

  • Distribución territorial das vivendas.
  • Características do prezo e rendibilidade do alugamento de vivendas.
    • Vivendas por Comunidade Autónoma e provincia.
    • Vivendas arrendadas en municipios maiores de 20.000 habitantes
    • Vivenda habitual arrendada en municipios con máis de 20.000 vivendas arrendadas por código postal.