Obxectivos da publicación
Obxectivo
A Estatística de vivendas declaradas no IRPF constitúe unha investigación baseada no apartado de Bens inmobles da declaración do modelo de declaración D-100 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Para a súa elaboración é fundamental a información de catastro que permite seleccionar exclusivamente as vivendas de uso residencial e as características das vivendas propiedade das persoas físicas declarantes de IRPF.
En efecto, dunha parte, incorpóranse certas variables xeradas na explotación estatística que realiza a AEAT utilizando como fonte o apartado de bens inmobles das declaracións do modelo D-100 e por outra a información de Catastro, que permite a construción do “Sistema estatal de índices de referencia do prezo do alugamento de vivenda (SERPAVI)”. Isto permite a construción das novas táboas en que se facilita para cada uso o valor de referencia medio, o valor catastral medio, a estimación do prezo medio mensual do alugamento e o alugamento por metro cadrado e mes das vivendas, así como a porcentaxe de rendibilidade, entre outras variables. Doutra parte, mánténse completo o módulo de vivendas que xa formaba parte da Estatística de IRPF anual desde o exercicio 2019, pero con táboas que permiten realizar a comparación entre comunidades autónomas.