Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Bloque I Vivendas por situación do inmoble

Na táboa de  Valor catastral e uso das vivendas clasificadas por CCAA e provincia, as variables de explotación son:

  • Número de vivendas con valor catastral: número de vivendas que teñen valor catastral
  • Valor catastral medio: cociente entre o importe do valor catastral e o número de vivendas con valor catastral
  • Número de vivendas habituais: número de vivendas con valor catastral con uso da vivenda igual a vivenda habitual do propietario
  • Porcentaxe de vivendas habituais: cociente entre o número de vivendas habituais e o número de vivendas con valor catastral
  • Valor catastral medio das vivendas habituais: cociente entre o importe do valor catastral e o número das vivendas con uso vivenda habitual
  • Número de vivendas arrendadas: número de vivendas con valor catastral e con uso da vivenda igual a vivenda arrendada
  • Porcentaxe de vivendas arrendadas: cociente entre o número de vivendas arrendadas e o número de vivendas con valor catastral
  • Valor catastral medio das vivendas arrendadas: cociente entre o importe do valor catastral e o número das vivendas con uso arrendado
  • Número de vivendas a disposición do titular: número de vivendas con valor catastral e con uso da vivenda igual a vivenda a disposición do titular
  • Porcentaxe de vivendas a disposición do titular: cociente entre o número de vivendas a disposición do titular e o número de vivendas con valor catastral
  • Valor catastral medio das vivendas a disposición do titular: cociente entre o importe do valor catastral e o número de vivendas con uso a disposición do titular.

No caso das táboas de Características do prezo e rendibilidade do alugamento de vivendas, as variables de explotación son:

  • Número de vivendas con valor catastral: número de vivendas que teñen valor catastral
  • Número de vivendas arrendadas: número de vivendas con valor catastral e con uso da vivenda igual a vivenda arrendada
  • Alugamento medio mensual: Son os ingresos elevados ao ano dividido entre o número de vivendas, ademais divídese entre 12 meses para obter unha media mensual. Para extrapolar a información ao ano ten en cóntase a porcentaxe de titularidade da vivenda e o tempo de uso, e elévase o valor coma se o 100% da vivenda estivese arrendada con eses ingresos todo o ano.
  • Alugamento m2 mensual medio: para cada vivenda calcúlase o cociente entre os ingresos elevados ao ano e os metros cadrados da vivenda. O alugamento medio en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética do alugamento en cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • M2 medios: para cada vivenda se obitenen os m2 da base de datos catastrais. A superficie media en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética das superficies de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • Días de alugamento medio : para cada vivenda se obitene o número de días en que a vivenda estivo alugada. Os días de alugamento medios en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlanse como a media aritmética dos días de alugamento de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • Valor de referencia media: para cada vivenda óbténse o valor de referencia da base de datos catastrais. O valor de referencia medio en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética do valor de referencia de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • Rendibilidade bruta: para cada vivenda é a porcentaxe do cociente entre o alugamento medio efectivo (é dicir, o ingreso dos días en que realmente estivo alugado) e o valor de referencia. A rendibilidade bruta media en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética da rendibilidade bruta de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • Número de vivendas a disposición: número de vivendas con valor catastral e con uso da vivenda a disposición.

No caso das táboas de Comparativa de rendibilidade e prezos de alugamento como vivenda habitual cos novos contratos, as variables de explotación son:

  • Alugamento medio mensual: Son os ingresos elevados ao ano dividido entre o número de vivendas, ademais divídese entre 12 meses para obter unha media mensual. Para extrapolar a información ao ano ten en cóntase a porcentaxe de titularidade da vivenda e o tempo de uso, e elévase o valor coma se o 100% da vivenda estivese arrendada con eses ingresos todo o ano.
  • Alugamento medio mensual (novos contratos): calculado para os contratos formalizados no exercicio de referencia dos datos.
  • M2 medios: para cada vivenda obtéñense os m2 da base de datos catastrais. A superficie media en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética das superficies de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • M2 medios (novos contratos): calculado para os contratos formalizados no exercicio de referencia dos datos.
  • Valor de referencia media: para cada vivenda óbténse o valor de referencia da base de datos catastrais. O valor de referencia medio en cada un dos ámbitos xeográficos calcúlase como a media aritmética do valor de referencia de cada unha das vivendas comprendidas nese ámbito.
  • Valor de referencia media (novos contratos): calculado para os contratos formalizados no exercicio de referencia dos datos.
  • Rendibilidade bruta estimada %: para cada vivenda é a porcentaxe do cociente entre os ingresos elevados ao ano e o valor de referencia medio.
  • Rendibilidade bruta estimada % (novos contratos): obtido para os contratos formalizados no exercicio de referencia dos datos.