Tabulación de resultados
Está formado por tres bloques:
-
NÚMERO DE VIVENDAS TRANSMITIDAS E O SEU VALOR DE TRANSMISIÓN, en que se fai un resumo das vivendas transmitidas pola súa distribución xeográfica en función da súa localización e do tipo de transmisión (onerosa ou lucrativa).
-
CARACTERÍSTICAS DAS VIVENDAS TRANSMITIDAS, en que a distribución xeográfica fai referencia ao lugar en que está localizada a vivenda. Este bloque ten pola súa parte 4 apartados.
Distribución de vivendas por tipo de transmisión, metros cadrados da vivenda, Comunidade Autónoma e provincia. Preséntase a información en táboa e a súa distribución en gráfico.
Importe medio e mediano dos valores de transmisión e adquisición das vivendas transmitidas para cada comunidade autónoma, provincia e cidades autonómicas. Inclúese tamén información sobre a porcentaxe de revalorización.
Características das vivendas transmitidas por ano de adquisición, distribuídas en operacións con saldo positivo ou negativo. Móstrase ademais o valor de transmisión e a porcentaxe de revalorización medio das vivendas en función do ano de adquisición e permite seleccionar o tipo de transmisión e a situación da vivenda.
Distribución das vivendas transmitidas por Comunidade Autónoma, ano de adquisición e signo de resultado, preséntase o número de vivendas transmitidas e a porcentaxe das operacións con resultado positivo e negativo respectivamente para cada ano de adquisición, tramo de anos de adquisición, permitindo seleccionar a situación da vivenda (Comunidade Autónoma e provincia).
-
DETALLE TERRITORIAL DA TRANSMISIÓN DE VIVENDAS. Este bloque está formado por tres grupos de táboas que presentan as variables de explotación clasificada a nivel territorial para comunidades autónomas e provincias; municipios de máis de 20.000 habitantes e códigos postais dos municipios de máis de 20.000 habitantes con máis de 200 vivendas transmitidas.
Nas táboas por municipios e códigos postais a variable de clasificación exercicio de adquisición móstrase por tramos de anos.
Para unha visualización máis intuitiva móstranse mapas coropléticos dos tres niveis territoriais por número de vivendas transmitidas.
Ademais, no mapa por Comunidade Autónoma e provincia móstranse os valores medianos de transmisión e adquisición.