Saltar ao contido principal
Metodoloxía

Asalariados

DESDE A ÓPTICA DOS PERCEPTORES

  • ASALARIADOS (A). É o número de persoas asalariadas que reciben unha contraprestación monetaria en concepto de rendemento de traballo, contadas de forma única independentemente de que traballasen para unha ou varias empresas ou entidades.
  • PERCEPCIÓNS POR PERSOA. Defínense Percepcións por persoa (en media) como o número de retribucións salariais percibidas por unha persoa e pagas por distintas entidades ou empresas.
  • SALARIOS (S). Defínese como a suma dos salarios anuais recibidos por cada un dos  A  asalariados:

  • SALARIO MEDIO ANUAL (SMA). É o salario calculado como cociente entre os salarios totais e o número de asalariado total.

DESDE A ÓPTICA DOS PAGADORES

  • NÚMERO DE ENTIDADES (N). Defínese como o número total de entidades ou empresas pagadoras con obriga de reter ou ingresar a conta.
  • ASALARIADOS (A j). Defínese como o número de asalariados da entidade j
  • PERCEPTORES (Nj). É o número de relacións salariais con distintas empresas de cada persoa asalariada. Así, cando un individuo está traballando en máis dunha empresa ou entidade, será computado tantas veces como número de empresas para as que traballe.
  • SALARIOS TOTAIS (S). Defínese como a suma do total de salarios anuais pagos polas N entidades.

  • RETENCIÓNS TOTAIS. Son as retencións ou ingresos a conta que as empresas ou entidades están obrigadas a reter o total dos seus asalariados.
  • TIPO MEDIO DE RETENCIÓN. O tipo medio porcentual de retención calcúlase como o cociente entre as retencións totais e salarios totais.