Fluxos de mobilidade xeográfica por provincia
Así, con respecto ao colectivo de asalariados dunha provincia i definiranse os seguintes conceptos:
As permanencias no mercado de traballo entre o ano t e (t-1) poden clasificarse, pola súa parte, tendo en conta a provincia de residencia fiscal no exercicio de referencia e no anterior. Neste sentido, para unha provincia en particular, e no ano t de referencia, o Mercado de Traballo desa provincia i pode proceder dos seguintes movementos dos asalariados:
- Permanencia na provincia i (Permanencia Pura)
No ano t a asalariada forma parte do Mercado de Traballo da provincia i e no ano (t-1) tamén estivo formando parte do Mercado de Traballo desa mesma provincia i.
- Fluxos de entrada á provincia i
Situación determinada por unha incorporación no ano t dun asalariado á provincia i procedente doutra provincia j distinta, é dicir, no ano (t -1) non forma parte do Mercado de Traballo da provincia i e si forma parte do Mercado de Traballo da provincia j, e no ano t deixa de formar parte do Mercado de Traballo da provincia j e pasa a formar parte do Mercado de Traballo da provincia i. En función de se a provincia j de orixe pertence á mesma Comunidade Autónoma que a provincia de destino i distínguense os seguintes fluxos de entrada:
-
- Igual Comunidade Autónoma
A provincia de destino i e a provincia de orixe j pertencen á mesma Comunidade Autónoma. Na visión por Comunidade Autónoma este movemento rexístrase como unha permanencia pura.
-
- Distinta Comunidade Autónoma
A provincia de destino i e a provincia de orixe j pertencen a distintas Comunidades Autónomas. Na visión por Comunidade Autónoma este movemento rexístrase como un fluxo de entrada á Comunidade Autónoma á que pertence a provincia de destino i, prodúcese ao mesmo tempo un cambio de provincia e de Comunidade Autónoma.
- Fluxos de saída da provincia i
Esta situación prodúcese cando o asalariado no ano (t-1) formaba parte do Mercado de Traballo da provincia i e no ano t pasa a formar parte do Mercado de Traballo dunha provincia j distinta, deixando de pertencer ao Mercado de Traballo da provincia i. En función de se a provincia i de orixe pertence á mesma Comunidade Autónoma que a provincia de destino j distínguense os seguintes fluxos de saída:
-
- Igual Comunidade Autónoma
A provincia de destino j e a provincia de orixe i pertencen á mesma Comunidade Autónoma. Na visión por Comunidade Autónoma este movemento rexístrase como unha permanencia pura.
-
- Distinta Comunidade Autónoma
A provincia de destino j e a provincia de orixe i pertencen a distintas Comunidades Autónomas. Na visión por Comunidade Autónoma este movemento rexístrase como un fluxo de saída da Comunidade Autónoma á que pertence a provincia de orixe i, prodúcese ao mesmo tempo un cambio de provincia e de Comunidade Autónoma.
Tendo en conta as definicións anteriores débense cumprir as seguintes relacións:
A suma dos fluxos de saída das provincias dunha mesma Comunidade Autónoma no ano (t-1) debe ser igual á suma dos fluxos de entrada ás provincias desa mesma Comunidade Autónoma, no ano t.
A suma por provincias dos fluxos de saída (ou entrada) a provincias de distinta Comunidade Autónoma coincide, para cada Comunidade Autónoma, co fluxo de saída (ou entrada) na visión de Comunidade Autónoma.
Para cada Comunidade Autónoma, a suma das permanencias puras das súas provincias máis os fluxos de entrada (ou de saída) a provincias da mesma Comunidade Autónoma coincide coa permanencia pura na visión de Comunidade Autónoma.
Para cada provincia o número de asalariados que forman parte do Mercado de Traballo no ano t debe ser igual, polo tanto, ao número de Altas producidas no ano t nesa provincia, máis o número de Permanencias puras na provincia no ano t, máis o número de Fluxos de entrada á provincia procedente de provincias da mesma Comunidade Autónoma no ano t, máis o número de Fluxos de entrada á provincia procedente de provincias de distinta Comunidade Autónoma no ano t.
Para cada provincia o número de asalariados que forman parte do Mercado de Traballo no ano (t-1) debe ser igual ao número de Baixas producidas no ano t nesa provincia máis o número de Permanencias puras na provincia no ano t, máis o número de Fluxos de saída desde esa provincia a provincias da mesma Comunidade Autónoma no ano (t-1), máis o número de Fluxos de saída desde esa provincia a provincias de distinta Comunidade Autónoma no ano (t-1).
|
ESQUEMA DE MOBILIDADE POR PROVINCIA |
|||||||||
|
Distribución xeográfica |
Asalariados |
Baixas |
PERMANENCIAS EN ANOS t e (t-1) |
Altas |
Asalariados |
||||
|
ano (t-1) |
ano (t-1) |
Fluxos de saída |
Permanencia Pura |
Fluxos de entrada |
ano t |
ano t |
|||
|
|
# |
Distintas CCAA |
Igual CCAA |
# |
Igual CCAA |
Distintas CCAA |
# |
|
|
|
|
|
# |
# |
|
# |
# |
|
|
|
|
Andalucía |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Almería |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Cádiz |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Córdoba |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Granada |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
Provincia |
|
ano (t-1) |
ano (t-1) |
ano (t-1) |
ano (t-1) |
ano t e t-1 |
ano t |
ano t |
ano t |
ano t |
|
|
Huelva |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Xaén |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Málaga |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
Sevilla |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
... |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
|
|
|||||||||
Asalariados en provincia i ano t = (1) i +(2) i +(3) i +(4) i
Asalariados en comunidade i ano t-1 = (4) i +(5) i +(6) i +(7) i