Saltar ao contido principal
Metodoloxía

2.3 Outras operacións

OUTRAS OPERACIÓNS
RESULTADO DERIVADO DA ACTIVIDADE INTERIOR RESACTIN
OUTRAS OPERACIÓNS ROO2
COMPRAS EXTERIORES RCEX
Adquisicións intracomunitarias de bens (cotas autorepercutidas) RAICT
Adquisicións intracomunitarias de servizos (cotas autorepercutidas) NUMETAS
Investimento do suxeito pasivo por operacións con establecidos en terceiros países (cotas autorepercutidas) RISPM
Importacións IIA
Operacións asimiladas á importación COTA
Modificacións e rectificacións de cotas MODIFTOT
RESULTADO DERIVADO DA PRODUCIÓN RESPROD2

Cotas derivadas das totais outras operacións (ROO2)

Suma das cotas doutras operacións procedentes das Compras exteriores (RCEX) máis as modificacións e rectificacións de cotas (MODIFTOT).

Cotas doutras operacións procedentes das compras exteriores (RCEX)

Compóñense de:

  • Cotas autorepercutidas por adquisicións intracomunitarias de bens (RAICT). Inclúe as partidas 22, 24, 26, 717, 719 e 76.
  • Adquisicións intracomunitarias de servizos (NUMETAS). Suma das partidas 721, 546, 723, 548 e 552.
  • Cotas autorepercutidas por supostos de investimento do suxeito pasivo (RISPM).
  • Cotas satisfeitas por importacións (IIA).
  • Operacións asimiladas ás importacións de bens (COTA).

RCEX= RAICT + NUMETAS + RISPM+ IIA + COTA.

Modificacións e rectificacións de cotas (MODIFTOT)

Aumento ou diminución de cotas repercutidas ou deducidas como consecuencia de modificacións da base impoñible ou rectificacións da cota (par30+par32-par62).

Calcúlase MODIFTOT = par30+par32-par62+par650-par652.

Regularización cotas art.80.cinco.5ª LIVE (partida 658)

Resultado derivado da produción (RESPROD2)

É o importe correspondente á suma do Resultado derivado da actividade interior (RESACTIN) e das cotas derivadas doutras operacións (ROO2).

RESPROD2 = RESACTIN – ROO2.

RESULTADO DERIVADO DA PRODUCIÓN RESPROD2
CONSUMO EXTERIOR: IVE non repercutido por vendas exteriores RVEXT
RECADACIÓN DO PERÍODO RESPER2
Correspondente a Territorio Foral TAF+DEDUCTAF
Compensación pendente de exercicios anteriores CPEA
RESULTADO DA LIQUIDACIÓN ANUAL RES3

IVE non repercutido por vendas exteriores (RVEXT)

É a estimación de cotas potenciais asignadas ás vendas exteriores de resultar estas operacións suxeitas e non exentas. A razón de minorarse aquí é axustar a recadación do período ao seu tratamento real de vendas exentas con dereito a dedución.

Recadación do período (RESPER2)

Diferenza entre a recadación asignada ao resultado derivado da produción (RESPROD2) e o IVE correspondente ao consumo exterior (RVEXT).

RESPER2=RESPROD2-RVEXT

Recadación correspondente ao Territorio Foral (TAF+DEDUCTAF)

É o importe da Recadación do período que corresponde aos territorios forais no caso de suxeitos pasivos que tributan a varias administracións.

Compensacións pendentes de exercicios anteriores (CPEA)

Recadación do período destinada a saldar os saldos pendentes de compensación de exercicios anteriores (par93 ou par85).

RESULTADO DA LIQUIDACIÓN ANUAL RES3
Ingreso ING
Devolución mensual DEVM
Devolución anual DEVA
Compensacións pendentes exercicios posteriores COMP
Ingreso en aduanas IIA-PC659
Ingreso por operacións asimiladas á importación COTA
Resultados positivos de autoliquidacións do exercicio (Mod 322) PAR525
Resultados negativos de autoliquidacións do exercicio (Mod 322) PAR526

Resultado da liquidación anual (RES3)

Dunha parte, é o importe resultante de detraer da Recadación do período (RESPER2) as cantidades correspondentes a outras administracións (TAF+deductaf) e as destinadas a cubrir os importes pendentes de compensación (CPEA).

Doutra , é o resultado das operacións de liquidación efectuada periodicamente: suma de ingresos (par95) menos devolucións mensuais practicadas (par96 máis par524), minorado na devolución anual solicitada (par98) ou en saldos pendentes de compensación a 31 de decembro (par97), máis ingresos en aduanas e os ingresos por operacións asimiladas á importación. As entidades pertencentes aos grupos de entidades de IVE, integran neste concepto os saldos de seus declaracións-liquidacións periódicas, acumulando de forma diferenciada os de importe positivo (par525) e negativo (par526).