2. MAGNITUDES RECADADORAS
Son aquelas que configuran a liquidación do imposto e encóntranse recollidas nas TÁBOAS TIPO II (Véxase Anexo I). A maioría delas son variables orixinais polo que se presenta un cadro de correspondencias dos nomes das variables da táboa II e as partidas do modelo. Porén, como novidade incorporada nesta estatística, cómpre destacar a definición duns conceptos recadadores novos que, paso a paso, incorporan os efectos das distintas especificidades que establece a normativa do imposto.
A análise da recadación realízase a través do proceso de configuración da recadación real de IVE por aplicación da normativa vixente, segundo a información dispoñible no modelo resumo anual do imposto. Pero a partir desta publicación própónse unha liquidación teórica ou simulada do imposto, integrando no proceso as operacións de importacións e asimiladas á importación, equiparando o seu mecanismo de liquidación ao correspondente ás adquisicións intracomunitarias: as deducións por importacións increméntanse no importe da dedución correspondente a operacións asimiladas á importación a partir de abril de 2005, e o concepto de recadación correspondente a outras operacións se completa coa información de cotas ingresadas por importacións e cotas por operacións asimiladas á importación.