As bases impoñibles
As bases impoñibles dos principais impostos medraron en 2018 un 6,1% (5,2% en 2017). En 2018 prolongouse a tendencia crecente que caracterizou a evolución destas bases nos últimos cinco anos. Con este crecemento as bases superan o máximo que se acadara en 2007. No Gráfico 1.7 móstranse estas bases en comparación coa demanda interna nominal que, como se sinalou, é un dos agregados máis próximos á evolución das bases. En 2018 o crecemento de ambas as dúas variables se distanció a causa do diferente comportamento das bases ligadas ás rendas e as ligadas ao gasto, sobre todo no segundo semestre.
As bases ligadas ás rendas medraron un 6,3% en 2018, fronte ao 4,6% de 2017. O crecemento foi máis intenso no segundo semestre de 2018, tras as subidas de salarios e pensións públicas aprobadas cos Orzamentos e pola mellora dos beneficios das sociedades. En cambio, desde a perspectiva do gasto, as bases mostraron un ritmo alto, pero lixeiramente inferior ao do ano anterior (5,8% en 2018 e 6,1% en 2017), en liña co perfil da demanda interna.
En 2018 as rendas brutas dos fogares medraron un 5,2%, máis dun punto por riba do crecemento rexistrado en 2017. Na evolución distínguense con nitidez dous períodos: a primeira metade do ano con incrementos da orde do 4,7 %e a segunda con aumentos do 5,6 %. A razón básica deste comportamento tan distinto foi o aumento de salarios e pensións públicas.
Efectivamente, os salarios e as pensións, que mantiveran un crecemento estable na primeira parte de ano, medraron a un ritmo máis elevado a partir de xullo (Gráfico 1.10). A masa salarial repuntou no cuarto trimestre cando se concretou a subida salarial dos empregados públicos e pagáronse os atrasos. No conxunto do ano o aumento foi do 5,4 %, un punto máis que en 2017. Nas pensións, a primeira metade do ano saldouse cun aumento no medio do 3 %, mentres que na segunda metade o crecemento elevouse ata case o 5%. No acumulado do ano a masa de pensións pasou de medrar un 2,5% en 2017 a facero un 4,4% en 2018.
No resto das rendas dos fogares, hai que destacar o comportamento das rendas de capital en dous sentidos. Por un lado, o conxunto das rendas (mobiliario, arrendamentos e ganancias patrimoniais) medrou un 5,6%, incremento inferior ao de 2017 (Cadro 2.1). A causa deste menor crecemento foi a evolución das ganancias patrimoniais que en 2017 aumentaron preto do 30 %e en 2018 só un 2,7%. Por outro, en 2018 produciuse a recuperación das rendas de capital mobiliaria. Estas rendas estiveran diminuíndo case sen interrupción desde comezos de 2012, pero nos meses centrais de 2018 a tendencia rompeuse (Gráfico 1.11). O motivo principal da recuperación foi o aumento dos dividendos e das rendas procedentes de títulos de débeda privada.
Estímase que a base impoñible consolidada do Imposto sobre Sociedades medrou en 2018 un 12,8%, aumento practicamente igual ao que se prevé para os beneficios (12,9 %). A previsión faise en función dos pagamentos fraccionados declarados por parte das Grandes Empresas e grupos fiscais que son os contribuíntes obrigados a ingresar pagamentos a conta polos beneficios obtidos ao longo do ano. Da análise destes pagamentos conclúese que a mellora que se observou nos mesmos concentrouse nuns poucos grupos consolidados, mentres que no resto de empresas os beneficios fóronse moderando segundo avanzaba o ano.
Canto ás bases ligadas ao gasto, no seu conxunto mostraron un crecemento elevado, pero lixeiramente por debaixo do experimentado en 2017. O gasto final suxeito a IVE pechou 2018 cun incremento do 5,6 %fronte ao 6,4% do ano anterior. Tendo en conta a evolución dos prezos, a desaceleración foi principalmente de carácter real (Gráfico 1.13). A perda de intensidade con respecto a 2017 produciuse sobre todo na segunda parte do ano. Por compoñentes, foi o gasto en consumo dos fogares o que fixo presión a baíxaa ao conxunto. En cambio, o gasto das AA .PP. medrou máis que en 2017 e o aumento do gasto en vivenda nova mantivose practicamente igual que entón.
Por último, o valor dos consumos suxeitos a Impostos Especiais medrou un 6,8% en 2018, por riba do 4,7 %de 2017 (Cadros 1.3 e 5.1). A diferenza do acontecido en 2017 a mellora non se explica polo incremento dos prezos enerxéticos (en media anual subiron aproximadamente o mesmo en 2017 e 2018; Gráfico 1.14), senón pola irregular evolución dos consumos físicos de alcohol e tabaco en 2017 e, en menor medida, polo mellor comportamento en 2018 dos consumos de gasolinas, gasóleos e electricidade, aínda que parte do mesmo fóra consecuencia de factores non estritamente económicos, como as temperaturas e algún atípico no consumo de electricidade.