Saltar ao contido principal
Exercicio 2018

Resumo

En 2018 os ingresos tributarios acadaron a cifra de 208.685 millóns de euros, o que supuxo un crecemento do 7,6 %.

O incremento con respecto a 2017 está afectado polo cambio nas datas de presentación do IVE dos contribuíntes acollidos ao sistema de Subministración Inmediata de Información (SII), cambio que se produciu a partir de xullo de 2017 e que significou un desprazamento de ingresos de 2017 a 2018. Se se corrixe este elemento, os ingresos medrarían un 5,4%.

O ano 2018 foi un ano de desaceleración da actividade real. O PIB real, a afiliación ou as vendas totais deflactadas e o número de perceptores de salarios das Grandes Empresas, entre outros indicadores, medraron menos que en 2017. Porén, en termos nominais e en particular nos agregados máis relacionados coa evolución dos ingresos, como son a demanda interna e a remuneración de asalariados, a situación foi algo distinta: a primeira se desaceleró menos que o PIB real e a segunda medrou máis que en 2017.

Neste medio a base impoñible agregada dos principais impostos medrou en 2018 un 6,1%, crecemento case un punto superior ao de 2017, prologandose a tendencia crecente que caracterizou a evolución destas bases nos últimos cinco anos e superandose deste xeito o máximo que se acadara en 2007. As bases ligadas ás rendas aumentaron por riba do que o fixeron en 2017, cun crecemento máis intenso no segundo semestre de 2018, tras as subidas de salarios e pensións públicas aprobadas nos Orzamentos e pola mellora dos beneficios das sociedades. En cambio, desde a perspectiva do gasto, as bases mostraron un ritmo alto, pero lixeiramente inferior ao do ano anterior, en liña co perfil da demanda interna.

O tipo efectivo sobre as rendas e o gasto mantivose practicamente estable en 2018 (medrou un 0,1 %), polo que os impostos reportados nas catro principais figuras tributarias aumentaron á mesma taxa que as bases, un 6,1%. Engadindo o resto de figuras, os impostos reportados medraron un 5,7%. Tanto nun como noutro caso o crecemento é moi parecido ao acadado en 2017 e similar ao que rexistraron os ingresos tributarios unha vez eliminado o impacto do SII .

Como consecuencia de todo o anterior, o crecemento dos ingresos tributarios concentrouse nos impostos directos. A recadación por IRPF aumentou un 7,6%, resultado, principalmente, do incremento das retencións do traballo e dos ingresos brutos procedentes da declaración anual. Os ingresos no Imposto sobre Sociedades medraron un 7,3%. Os pagamentos fraccionados, principal compoñente do imposto, subiron un 11,7% pola boa marcha dos beneficios, aínda que o crecemento do imposto viuse freado polo aumento das devolucións. Nos impostos indirectos o crecemento, sen SII, foi máis moderado. Os ingresos por IVE (corrixidos do SII) medraron un 3,7%, aumento inferior ao estimado para o gasto final suxeito ao imposto debido ao elevado volume de devolucións realizadas e ao descenso dos ingresos de períodos anteriores. Os ingresos por Impostos Especiais aumentaron un 1,1%. Os ingresos netos do Imposto sobre Hidrocarburos medraron por riba dos seus consumos, ao comparase cun nivel de 2017 afectado por axustes forais negativos. Como é habitual, o Imposto sobre Labores do Tabaco tivo unha traxectoria irregular ao longo do ano, pechando cunha caída dos ingresos do 1,4 %. No Imposto sobre a Electricidade os ingresos incrementáronse un 3,5%, na súa maior parte polo comportamento atípico dos consumos en 2017. No Imposto sobre o Carbón os ingresos caeron un 13,1% con respecto a 2017, ano en que, a causa da seca, rexistrouse un uso intensivo como substituto na xeración de enerxía eléctrica. Nos impostos relacionados co alcohol os ingresos descenderon lixeiramente. No resto de figuras, destacou o Imposto sobre a Renda de Non Residentes cuxos os ingresos aumentaron un 17,2%. Pola contra, no capítulo III (taxas e outros ingresos) a recadación en 2018 foi inferior nun 0,3 %á de 2017, a causa, sobre todo, da caída dos ingresos do Canon polo aproveitamento de augas continentais para a produción de enerxía eléctrica, afectado tamén pola seca de 2017 (foi o exercicio liquidado en 2018).