Saltar ao contido principal
Exercicio 2020

Introdución

En 2020 os ingresos tributarios reducíronse un 8,8% con respecto ao nivel de 2019, situandose nos 194.051 millóns.

O ano estivo marcado pola pandemia que condicionou o desenvolvemento da actividade e a xeración de ingresos. As bases impoñibles dos principais impostos diminuíron un 7,7%. Este descenso é, non obstante, menos intenso que o que se puido observar noutros indicadores como o PIB nominal ou a demanda interna, indicador habitualmente máis relacionado coas variables fiscais. A principal razón desta disparidade encóntrase no papel compensador que xogaron as rendas de orixe público (salarios, pensións e outras prestacións, entre elas as transferencias derivadas dos ERTE) e que se reflicte na diferente intensidade coa que diminuíron as bases ligadas ao gasto (-13,9 %) e as bases relacionadas coas rendas (-3,3 %). Sen a achega das rendas públicas á recadación, os ingresos caerían arredor de 2 puntos máis.

Ademais, os ingresos víronse afectados polo impacto dos cambios normativos e de xestión, e pola realización de elevadas devolucións de exercicios anteriores. Con respecto aos primeiros, os cambios de maior impacto no conxunto do ano foron consecuencia de medidas previas ao COVID . As numerosas medidas que se foron poñendo en marcha para paliar os efectos da situación sanitaria non tiveron un impacto tan grande no resultado global, pero si que foron relevantes no transcurso do ano. En termos netos todas estas medidas melloraron os ingresos, pero o impacto foi compensado case por completo polo pagamento das elevadas solicitudes de devolución que se presentaran en 2019 e que se fixeron en 2020.

Agás no IRPF, os ingresos diminuíron en todas as grandes figuras. No IRPF a recadación aumentou un 1,2% polas causas citadas anteriormente. No Imposto sobre Sociedades os ingresos reducíronse un 33,2%, aínda que unha boa parte do descenso tivo que ver coa xestión das devolucións. No IVE a caída foi do 11,5 %. E nos Impostos Especiais os ingresos foron un 12,1% inferiores aos rexistrados en 2019.