Incentivos fiscais para empresas de reducida dimensión
Se es unha entidade de reducida dimensión estes son os incentivos aos que podes acollerche
Perdas por deterioración dos créditos por posibles insolvencias de debedores
-
A entidade debe ser considerada de reducida dimensión no período impositivo en que sexa deducible a perda.
-
A contía da dotación non pode sobrepasar o 1% do saldo dos debedores existentes á conclusión do período impositivo.
Con esta finalidade, non se inclúen no devandito saldo os debedores sobre os que se recoñecese a perda por deterioración dos créditos por insolvencias establecidas no artigo 13.1 da lei deste imposto e aqueloutros cuxas perdas por deterioración non teñan o carácter de deducibles segundo o que se dispón no devandito artigo.
-
O saldo da dotación efectuada por este método ao peche do período impositivo non poderá exceder do 1 %dos citados debedores existentes á conclusión do mesmo.
-
Os contribuíntes que cumpran as condicións do artigo 101 da LIS nos períodos impositivos que se inicien no ano 2020 e no ano 2021 poderán deducir, nos devanditos períodos, as perdas por deterioración dos créditos derivadas das posibles insolvencias de debedores cando no momento da devindicación do Imposto o prazo que transcorrese desde o vencemento da obriga a que se refire a letra a) do apartado 1 do artigo 13 da devandita Lei sexa de tres meses.
As perdas por deterioración dos créditos para a cobertura do risco derivado das posibles insolvencias dos debedores, efectuadas nos períodos impositivos en que deixasen de cumprirse as condicións de empresa de reducida dimensión, non serán deducibles ata o importe do saldo da perda por deterioración deducible cando a entidade tiña a consideración de empresa de reducida dimensión.