Procedemento de devolución
Infórmate de como solicitar a devolución e as fases do procedemento
Datos a cubrir na solicitude
Na solicitude deberán constar os datos que se recollen no formulario de solicitude dispoñible na sede electrónica da Axencia Tributaria:
- NIF : 9 caracteres
- Código correspondente ao medio empregado para a utilización do gasóleo como carburante: 1. Tractores; 2. Maquinaria agrícola distinta dos tractores; 3. Motores fixos; 4. Outros medios utilizados
- As matrículas dos vehículos en que se utilizou o gasóleo bonificado
- Designación e número de fabricación da maquinaria ou artefacto cos que se efectuou o consumo de gasóleo bonificado
- O volume de litros consumidos e importe do mesmo. No suposto de adquisicións de gasóleo satisfeito mediante cheques ou tarxetas-gasóleo bonificado, deberás determinar a cantidade de litros adquiridos correspondentes ao importe satisfeito e consignar este dato na solicitude.
- A data e número de factura de cada operación de subministración ou do conxunto de subministracións de gasóleo bonificado amparados nunha mesma factura
- Identificación da entidade financeira e do código da conta bancaria, á que se efectuarán as devolucións