Procedemento de devolución
Infórmate de como solicitar a devolución e as fases do procedemento
Solicitude da devolución
Poderás obter a devolución do Imposto sobre Hidrocarburos por gasóleo agrícola presentando unha solicitude ante a Axencia Tributaria de acordo coa Orde EHA/993/2010, do 21 de abril, pola que se establece o procedemento para a devolución parcial das cotas do Imposto sobre Hidrocarburos soportados polos agricultores e gandeiros.
A solicitude presentarase na sede electrónica da Axencia Tributaria, axustada ao formato electrónico aprobado, a partir do 1 de abril do ano posterior a aquel en que se realizaron as adquisicións de gasóleo.
Para a presentación da solicitude debes dispor dun certificado de sinatura electrónica, ou ben realizar a presentación a través dun colaborador social.