Liquidación e pagamento do Imposto.Inscrición, obrigas contables.Repercusión.Nomeamento de representante.
Infórmate das principais obrigas tributarias relativas a este imposto
Liquidación e pagamento do imposto
Nos supostos de fabricación ou adquisición intracomunitaria de produtos obxecto do imposto, os contribuíntes (fabricante ou adquirente intracomunitario) están obrigados a presentar unha declaración-liquidación comprensiva das cotas devindicadas e efectuar o ingreso da débeda tributaria.
Nestes casos o período de liquidación é mensual ou trimestral, en función do período de liquidación do IVA, atendendo ao volume de operacións ou outras circunstancias previstas na normativa do imposto.
Mediante Orde HFP/1314/2022, do 28 de decembro, regúlase os modelos de autoliquidación e de solicitude de devolución, os prazos de presentación e, en caso de habelas, as excepcións a esta obriga.
Nos supostos de importación de produtos obxecto do imposto, o imposto liquidarase pola alfándega conforme ao disposto para a débeda aduaneira na normativa aduaneira.
No suposto de importación, no DUA de importación deberanse consignar os quilogramos de plástico non reciclado contidos nos produtos obxecto do imposto e, no seu caso, se resulta de aplicación a exención por non exceder de 5 quilogramos ao mes o peso total de plástico non reciclado contido nos produtos importados.