Liquidación e pagamento do Imposto. Repercusión
Infórmate das principais obrigas tributarias relativas a este imposto
Prazos de presentación e pagamento
O prazo para presentar a correspondente autoliquidación (modelo 592) e, se é o caso, o pagamento da débeda tributaria:
- Se non domiciliaches o pagamento, é do 1 ao 20 do mes seguinte a aquel en que finaliza o período de liquidación que corresponda.
- Se domiciliaches o pagamento, é do 1 ao 15 do mes seguinte a aquel en que finaliza o período de liquidación que corresponda.
O período de liquidación por este imposto coincidirá co trimestre natural, non sendo que o teu período de liquidación no ámbito do IVE sexa mensual, atendendo ao teu volume de operacións ou outras circunstancias previstas na normativa do devandito imposto, en cuxo caso será tamén mensual o período de liquidación por este imposto.