Liquidación e pagamento do Imposto
Infórmate das obrigas tributarias de liquidación e pagamento do imposto
Repercusión
Os contribuíntes deben repercutir o Imposto Especial sobre a Electricidade sobre aquel para quen realice a operación gravada, quedando este obrigado a soportara.
A repercusión das cotas reportadas efectuarase na factura separadamente do resto de conceptos comprendidos nela .
Cando se trate de operacións exentas ou con redución, na factura farase mención á devandita circunstancia con indicación do precepto aplicable e a repercusión deberá efectuarse en función dos datos comunicados polos beneficiarios.
Non procederá a repercusión das cotas resultantes cando o consumidor teña a condición de contribuínte, nin nos supostos de liquidación que sexan consecuencia de actas de inspección ou de estimación indirecta de bases.
Liquidación
Os contribuíntes deben presentar a correspondente autoliquidación, modelo 560, así como efectuar, simultaneamente o pagamento da débeda tributaria.
Pola súa banda, os contribuíntes que non sexan comercializadores ou distribuidores non están obrigados a presentar a referida autoliquidación períodos de liquidación en que a cota que hai que ingresar sexa cero.
Período de liquidación
O período de liquidación pode ser mensual, trimestral ou anual.
O período de liquidación será o correspondente ao mes natural cando se trate de contribuíntes cuxo período de liquidación en IVE sexa mensual, atendendo ao seu volume de operacións ou outra circunstancia prevista na normativa de IVE.
O período de liquidación será o correspondente ao trimestre natural cando se trate de contribuíntes cuxo período de liquidación en IVE sexa trimestral, atendendo ao seu volume de operacións ou outra circunstancia prevista na normativa de IVE.
O período de liquidación será anual nas subministracións de electricidade ao abeiro de non suxeición, exención ou redución, en que o consumidor se beneficiase indebidamente dos devanditos beneficios fiscais por non comunicar ao subministrador os datos exactos da regularización.
En calquera caso, a presentación da autoliquidación efectuarase durante os primeiros vinte días naturais seguintes ao período de liquidación correspondente.