Información xeral
Obtén información sobre os elementos básicos do Imposto
Definición
O Imposto sobre o Valor da Extracción de Gas, Petróleo e Condensados é un tributo de carácter directo e natureza real que grava o valor dos produtos de dominio público (gas, petróleo e condensados) extraidos en territorio español, unha vez realizado o primeiro tratamento de depuración e separación destes.
O imposto está regulado na Lei 8/2015, do 21 de maio, pola que se modifica a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, e pola que se regulan determinadas medidas tributarias e non tributarias en relación coa exploración, investigación e explotación de hidrocarburos.