Imposto sobre Hidrocarburos
Coñece o imposto que grava os combustibles e carburantes
Base impoñible e tipos de gravame
A base impoñible do Imposto sobre Hidrocarburos estará constituída polo volume de produtos obxecto do imposto, expresado en miles de litros á temperatura de 15ª C.
Para aqueles produtos cuxo tipo impositivo se estableza por referencia a unidades de peso ou de enerxía, a base estará constituída polo peso do produto expresado en toneladas métricas, ou polo seu poder enerxético expresado en gigajulios.
Tipos de gravame
No ámbito da Unión Europea, os Estados membros poden establecer os tipos de gravame do imposto, no marco previsto na normativa comunitaria.
A Lei de Impostos Especiais establece no seu artigo 50 os tipos impositivos aplicables.
Os tipos de gravame establecidos no artigo 50 da Lei de Impostos Especiais fíxanse por epígrafes de produtos e en dúas tarifas:
-
Na tarifa 1ª inclúense os epígrafes de produtos cuxa utilización máis usual é a de combustible ou carburante e, ademais, os hidrocarburos máis utilizados.
-
Na tarifa 2ª inclúense outros epígrafes de produtos.
Con carácter xeral, o tipo de gravame establécese como unha cantidade fixa por cada mil litros de produto, por tonelada de peso ou por gigajulio.
A normativa española, recolleu a posibilidade prevista na Directiva comunitaria de establecer tipos de gravame reducido. Así, a tarifa 1ª do Imposto prevé uns tipos reducidos de gravame para os seguintes produtos e usos:
-
Gasóleo de calefacción e o gasóleo empregado en determinados usos (como a agricultura).
-
Gas natural destinado a usos distintos aos de combustible ou carburante e a usos profesionais.
-
Queroseno para usos distintos dos de carburante.
A aplicación dos tipos reducidos está condicionada aos requisitos establecidos regulamentariamente en cada caso, no referente á adición de marcadores ou trazadores, utilización efectiva dos produtos e emprego de medios de pagamento específico.