Inscrición. Prazos e solicitude de inscrición. Nomeamento e inscrición de representante de contribuínte non establecido
Infórmate das obrigas rexistrais en relación con este imposto
Nomeamento e inscrición de representante dun contribuínte non establecido
Se es contribuínte por realizar adquisicións intracomunitarias ou importacións de produtos obxecto do imposto e non estás establecido en territorio español estás obrigado a nomear un representante para o cumprimento das túas obrigas por este imposto ante a Administración Tributaria.
Con esta finalidade, considérase que estás non establecido en territorio español cando a sede da túa actividade económica, o teu domicilio fiscal ou o establecemento permanente onde desenvolves a túa actividade non radican en territorio español.
O representante que nombresestá obrigado a inscribirse no Rexistro territorial do imposto con anterioridade á realización da primeira operación que constitúa feito impoñible do imposto.