Códigos posibles a declarar en exportación para solicitar a devolución de cotas soportadas por IIEE
No caso de produtos obxecto de Impostos especiais que sexan obxecto dunha declaración de exportación, e que, habendose producido a devindicación, o exportador solicite a devolución dos Impostos Especiais de fabricación, o declarante debe consignar na declaración se as cotas cuxa devolución pretende soportáronse dentro ou fóra do ámbito territorial interno contemplado no artigo 3 da lei 38/1992 de Impostos especiais.
Para iso deberá consignar como réxime adicional na declaración de exportación un dos seguintes códigos:
121: Devolución das cotas soportadas por Impostos especiais nos supostos en que a aduana de saída está situada dentro do ámbito territorial interno.
127 : Devolución das cotas soportadas por Impostos especiais nos supostos en que a aduana de saída está situada fóra do ámbito territorial interno.