Apertura e peche da contabilidade en SILICIE
Coñece como realizar as comunicacións de apertura e de peche do exercicio contable e a subministración do asento de apertura
Asento de apertura
Unha vez comunicada a apertura do exercicio contable debes subministrar un asento de apertura polo que informarás das existencias iniciais no establecemento na data de inicio do exercicio contable.
Debes subministrar un asento de apertura por cada un dos produtos de que teñas existencias no teu establecemento na data de inicio do exercicio contable. Con esta finalidade, lembra que os produtos deben ser identificados conforme aos criterios definidos no artigo 3.2 da Orde HAC 998/2019.
Podes consultar a información de como identificar os produtos en SILICIE no apartado Identificación dos produtos
Non cumprirá subministrar o asento de apertura en relación coa contabilidade dos depósitos de recepción.
A subministración do asento de apertura deberá realizarse dentro do primeiro mes do exercicio contable.
Non obstante, os titulares de establecementos que poden aplicar prazos especiais ampliados para a subministración dos seus asentos contables, poderán considerar que o asento de apertura corresponde a un movemento do primeiro mes do exercicio contable e subministraro dentro do prazo previsto para os asentos do devandito mes. Poderán aplicar esta regra:
-
Os titulares de establecementos autorizados como elaboradores de viño e elaboradores doutras bebidas levedadas aos que se refire a disposición adicional primeira da Orde HAC/998/2019.
-
Os titulares de establecementos autorizados como fábricas de cervexa aos que se refire a disposición adicional segunda da Orde HAC/998/2019.
-
Os titulares de establecementos autorizados como elaboradores de produtos intermedios que non obteñan alcohol aos que se refire a disposición adicional terceira da Orde HAC/998/2019.
-
Os titulares de establecementos autorizados como depósitos fiscais constituídos por unha rede de gasodutos ou como industrias extractoras de gas natural e outro produtos gasosos aos que se refire a disposición adicional quinta da Orde HAC/998/2019.
-
Os titulares de establecementos autorizados como elaboradores de bebidas alcohólicas aos que se refire a disposición adicional sexta da Orde HAC/998/2019.