4.3. Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
Do mesmo xeito que veu ocorrendo nos últimos anos, ao longo de 2014, producíronse notables avances no ámbito da administración electrónica para facer máis áxil, eficaz e próximo o dereito dos cidadáns a relacionarse por medios electrónicos coa Axencia Tributaria.
En 2014 unificáronse a maior parte dos contidos de axuda dispoñibles no portal de Internet e Sede electrónica, para que sexan idénticos e accesibles con independencia da vía de acceso, incidindose, especialmente, en materia relativa a modelos e formularios.