4.3.4. Notificacións electrónicas
A obriga de recibir notificacións electrónicas é efectiva unha vez que se comunicou a inclusión no sistema de Notificación Electrónica Obrigatoria (NEO). En 2014, quedaron incluídos no sistema algo máis de 2.100.000 obrigados tributarios, cos que, practicamente, todo o colectivo incluído no ámbito NEO está obrigado de forma efectiva a recibir notificacións electrónicas.
En 2014, emitíronse 11,2 millóns de notificacións e comunicacións electrónicas, de que 11 millóns corresponden a titulares obrigados (NEO), correspondendo o resto a cidadáns que se adheriron ao sistema de forma voluntaria.
Este sistema de notificacións está supondo un elevado aforro nos custos da xestión tributaria. Os datos de aforro total desde que se implantou este sistema en 2011, son de 64.041.403 euros.
En concreto, emitíronse 6.703.842 comunicacións electrónicas cun aforro de 3.351.921 euros e 30.244.741 notificacións electrónicas cun aforro de 60.689.482 euros.
Incorporáronse alertas na Sede electrónica para comunicar, por exemplo, as notificacións electrónicas expiradas nos últimos tres meses.