Saltar ao contido principal
Memoria 2015

3.2.2. Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

Os ingresos por IRPF diminuíron en 2015 un 0,4 por cento. O descenso foi algo maior (0,9 por cento) en termos homoxéneos (corrixindo os distintos ritmos de devolución e os adiamentos das entidades públicas). A caída dos ingresos está marcada pola reforma do imposto xa que se estima que as rendas brutas dos fogares medraron un 2,8 por cento. Así, os ingresos procedentes das retencións do traballo e actividades económicas diminuíron un 1,2 por cento a pesar do aumento nun 3,2 por cento da masa de rendas suxeitas a retención. Nas retencións sobre rendas do capital (arrendamentos, fondos de investimento e capital mobiliaria) tamén se notou a rebaixa dos tipos ao que se sumou, no caso das rendas de capital mobiliaria, a caída das rendas. Os pagamentos fraccionados e a cota diferencial bruta (en que non influíu a reforma) aumentaron a un ritmo notable (12,7 por cento).