Saltar ao contido principal
Memoria 2015

3.2.4. Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido

A recadación por IVE en 2015 incrementouse un 7,4 por cento, un 6,8 por cento en termos homoxéneos. A práctica estabilidade dos ingresos con respecto ao ano pasado observouse tamén no gasto final suxeito a IVE, que medrou un 4,9 por cento, igual que en 2014. Por primeira vez desde 2006 todos os compoñentes do gasto (consumo, vivenda, gasto público) rexistraron taxas positivas.

No referente aos ingresos destacaron tres elementos. Por un lado, os ingresos brutos das pemes medraron moi por riba do resto de ingresos, indicador do dinamismo que tiveron estas empresas ao longo de todo o exercicio. Doutra banda, os cambios na xestión do imposto provocaron unha redistribución entre os ingresos brutos mensuais (IVE de importación e declaracións de grandes empresas, grupos e exportadores) e as devolucións, reducindo tanto uns como outras e desprazando neste primeiro ano de vixencia do novo sistema parte da recadación a 2016. O terceiro elemento foi o descenso das devolucións realizadas derivadas do menor importe das solicitudes: nas devolucións anuais (correspondentes ao exercicio 2014) seguindo a tendencia dos últimos anos, e no caso das mensuais como consecuencia dos cambios de xestión sinalada.