Saltar ao contido principal
Memoria 2016

3.2.3. Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido

Os ingresos por IVE medraron en 2016 un 4,2 por cento. Tamén estiveron afectados por impactos asociados a cambios normativos, positivos e herdados de 2015 (cambios na forma de liquidación do IVE á importación e subidas de tipos nalgúns bens e servizos dos últimos períodos daquel ano). Se se restan estes impactos e só se consideran os ingresos por autoliquidacións (para evitar o efecto dalgunhas cuantiosas actas do final do ano pasado), o crecemento da recadación situaríase no 3,3 por cento, similar ao do gasto suxeito a IVE. Os ingresos brutos das pemes medraron un 7 por cento fronte ao 0,8 por cento en que se incrementaron os ingresos brutos mensuais procedentes do IVE á importación, das Grandes Empresas e grupos e outros operadores acollidos ao sistema de devolución mensual. Hai que lembrar, non obstante, que, desde o cambio operado en 2015 na forma de liquidar o IVE á importación, a evolución dos ingresos brutos mensuais débese contemplar canda as devolucións, que diminuíron un 7,8 por cento (unha parte do IVE á importación sáldase con maiores ingresos nas declaracións mensuais e outras con menores devolucións). Se se fai así, conclúese que os ingresos mensuais netos medraron un 4,4 por cento, cifra máis próxima á das pemes.