Saltar ao contido principal
Memoria 2016

4.2.7. Campañas institucionais

A Axencia Tributaria realizou, durante o exercicio 2016, unha campaña de sensibilización contra a fraude, en que se emitiron as pezas creativas da campaña realizada no ano 2015:

A idea creativa era a da “cadea “de favores”, co lema “Contribuímos para recibir”. Preténdese concienciar ao cidadán para o correcto cumprimento das obrigas tributarias, promovendo a responsabilidade cívica; destacando a relación existente entre os ingresos recibidos polos impostos e o gasto público. O concepto “cadea de favores” iníciase coa frase “Se non fóra por Juan, Ana non podería levar a súa filla ao colexio …”reforzandose, en cada elo, a idea de que a actuación de cada un de nós repercute nos demais e ao contrario. Emitiuse nas principais cadeas de televisión, radio e en Internet, ademais de nos principais medios escritos e dixitais, en dúas vagas ou períodos de emisión: do 22 de abril ao 1 de maio de 2016 e do 1 ao 30 de outubro do mesmo ano.