Saltar ao contido principal
Memoria 2016

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

No exercicio 2016 realizouse a integración do Rexistro da Axencia Tributaria co Sistema de Interconexión de Rexistros. Esta integración permite a recepción e tramitación electrónica dos asentos recibidos doutras Administracións Públicas, así como realizar envíos electrónicos a outras Administracións, dando cumprimento así ás obrigas normativas nesta materia.

Respecto do ano anterior, en 2016 incrementáronse un 36,39 por cento os asentos rexistrais realizados con Cl@ve PIN, acadando a cifra de 437.094.

Hai que destacar que tamén medraron arredor do 13 por cento os asentos rexistrais realizados con certificado electrónico, chegando ata os 3.534.468.