Saltar ao contido principal
Memoria 2017

3.3.1. Resultados da prevención e control da fraude tributaria e aduaneira

En termos acumulados, durante 2017 obtivéronse 14.221 millóns de euros por este concepto. Este importe total analízase, pola súa parte, en 9.505 millóns de euros correspondentes aos ingresos derivados das actuacións de control da Axencia Tributaria (incluíndo os ingresos procedentes de expedientes judicializados) e 4.716 millóns de euros correspondentes ás minoracións de devolucións, que inclúen tamén os importes minorados procedentes de expedientes judicializados e os procedentes de rectificación de autoliquidacións.