Saltar ao contido principal
Memoria 2018

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

En 2018 potenciouse en gran medida a utilización do rexistro electrónico. Isto debeuse, tal e como se avanzou no apartado anterior, ao feito de facilitar que as persoas físicas poidan utilizar en todos os trámites de rexistro o sistema  Cl@ve PIN.

Esta é unha facilidade engadida para aqueles trámites que esixían certificado ou DNI electrónico, por non ser suficiente con achegar o Código Seguro de Verificación (CSV) da comunicación recibida da Axencia Tributaria.

Así pois, en 2018 medraron as presentacións con utilización exclusiva de CSV , que chegaron aos 985.577 asentos rexistrais. Tamén medraron os asentos rexistrais con certificado electrónico ou  Cl@ve PIN, chegando a 4.688.498 asentos.