4. PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2018
A misión fundamental da Axencia Tributaria debe consistir en favorecer o cumprimento voluntario das obrigas fiscais. Para iso desenvolve dúas liñas de actuación: por unha parte, a prevención da fraude mediante a prestación de servizos de información e asistencia ao contribuínte para facilitar e minimizar os custos indirectos asociados ao cumprimento das obrigas tributarias conxuntamente co desenvolvemento doutras actuacións preventivas; e, por outra banda, a detección, regularización e, se é o caso, sanción dos incumprimentos tributarios mediante actuacións de control. Ambas as dúas liñas de actuación definen as áreas básicas da súa estratexia, sobre as que pivotaron as principais actuacións desenvolvidas en 2018.
- 4.1. Prevención da fraude tributario e aduaneiro. Asistencia ao contribuínte
- 4.2. Control da fraude tributaria e aduaneira
- 4.3. Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
- 4.4. Intercambio e cesión de información. Colaboración con outras administracións
- 4.5. Servizo de Auditoría Interna
- 4.6. Relacións internacionais