Saltar ao contido principal
Memoria 2018

4.3.8. Medidas para simplificar o uso da tecnoloxía polos usuarios

Substitución da sinatura criptográfica por sinatura electrónica

A sinatura criptográfica require de applets no navegador, o que actualmente constitúe un problema de uso, xa que os navegadores, para mellorar a seguridade dos internautas, dificultan ou incluso impiden, nalgún caso, a execución de applets. Por este motivo, substituiuse a sinatura criptográfica pola sinatura electrónica.

Compatibilidade con novos navegadores

Co obxecto de facilitar que os contidos se mostren correctamente en todos os navegadores, tanto os de escritorio como os incorporados nos dispositivos móbiles, a Axencia Tributaria está apostando polo desenvolvemento de servizos baseados en HTML5.

Cero configuración

O obxectivo da Axencia Tributaria é que o uso dos seus servizos electrónicos non requira nin complementos nin configuración específica algunha no navegador. Isto xa é unha realidade en moitos servizos dispoñibles na Sede electrónica, por exemplo, no caso de Renda Web.

Mellora dos contidos e das axudas á tramitación

Deseñouse de forma máis intuitiva o uso dos servizos ao situar a documentación e as axudas de forma contextual, alí onde se puidesen requirir, integrando todos os contidos nas páxinas dos respectivos modelos e incorporando titoriais de uso.

Presenza nos markets de aplicacións móbiles

A Axencia Tributaria dispón dunha aplicación para móbil (app) “ Cl@ve PIN”, que se pode descargar gratuitamente nas plataformas “Play Store” ou “App Store” a través dun dispositivo móbil.

En 2018 con esta app os contribuíntes puideron, entre outros trámites, presentar a declaración (co cálculo da modalidade máis favorable para o contribuínte, individual ou conxunta ), acceder á vista previa da declaración en PDF e  presentar a declaración cun só clic; consultar o estado de tramitación dunha declaración de Renda 2017 ou de declaracións de exercicios anteriores, solicitar cita previa e obter a referencia de Renda (RENØ).