Saltar ao contido principal
Memoria 2020

4.1.6. Programa de Educación Cívico-tributaria

Durante o ano 2020, continuouse coa execución do Programa de Educación Cívico-tributaria desenvolvido pola Axencia Tributaria desde o ano 2003. En colaboración coa comunidade educativa, realizáronse diversas actuacións dirixidas a nenos e adolescentes para fomentar unha conciencia fiscal nos futuros contribuíntes de xeito que asimilen a responsabilidade fiscal como un dos valores sobre os que se organiza unha sociedade democrática. Todas as actuacións nesta materia desenvolvéronse por persoal da Axencia Tributaria que participou de maneira voluntaria.

Con motivo da pandemia, e a declaración do estado de alarma e a súa prórroga; a partir do mes de marzo as actividades víronse drasticamente reducidas, levandose a cabo unicamente as que eran viables telematicamente e algunha excepcionalmente de forma presencial.

Este programa conta na actualidade con 247 formadores, distribuídos por todas as Delegacións do territorio nacional; realizando entre outras actividades as seguintes:

  • Xornadas de portas abertas (visitas as Delegacións) coa participación de cerca de 4.661 alumnos (Primaria, ESO e Bacharelato).
  • Visitas centros educativos por parte de persoal da Axencia Tributaria, coa participación de máis de 15.849 alumnos.
  • Cursos e charlas en Facultades e Escolas Universitarias, cunha participación de 1.038 alumnos.

    Hai que destacar o aumento das actividades realizadas neste ámbito, favorecido pola sinatura de Protocolos de Colaboración. No ano 2019 asináronse 25 Protocolos de Colaboración coas Universidades, que recollen entre os seus obxectivos a transmisión dos valores cívicos tributarios. Faise especial fincapé nas Facultades de Ciencias da Educación, e nos Centros de Formación do Profesorado.

Estas cifras supoñen que a Axencia Tributaria chegou durante 2020 a un 40% menos de escolares e universitarios que o ano anterior, debido á situación de pandemia.

O programa conta como ferramenta didáctica fundamental co Portal de Educación Cívico-tributaria, que se encontra na web da Axencia Tributaria.

En 2020 houbo que suspender o Concurso Nacional para Centros Escolares no marco do Programa de Educación Cívica Tributaria, en que participan os alumnos de 5.º e 6.º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos básicos ou de grao medio de Formación Profesional que asistisen ás charlas ou xornadas; presentando traballos como redaccións ou pezas publicitarias (carteis gráficos ou vídeos). Ao final do ano celébrase a entrega de premios nacional por parte do director Xeral da Axencia Tributaria no salón de actos da súa sede. Non obstante, nalgunha Delegación Especial puidose realizar a primeira fase, quedando pendentes os gañadores para participar na próxima edición posible a nivel nacional.

En novembro do ano 2017, publicouse o Portal de Educación Tributaria Europeo TAXEDU, en cuxo desenvolvemento participou moi activamente a Axencia Tributaria, e segue participando, colaborando na súa difusión.